O conxuro da Queimada

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas;
demos, trasnos e diaños,
espritos das neboadas veigas;
corvos, pintigas e meigas.

Feitizos das menciñeiras,
podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas,
lume das Santas Compañas.

Mal de ollo, negros meigallos;
cheiro dos mortos, tronos e raios;
oubeos do can,
pregón da morte.

Fuciño do satiro e pe de coello,
pecadora lingua
da mala muller
casada cun home vello.

Averno de Satan e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cús.

Muxido da mar embravecida,
barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella o do inferno,
e fuxiran as bruxas a cabalo das suas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.

¡Oide. Oide!
os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando asi purificadas.

E cando este brevaxe pase
polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume,
vos fago esta chamada,

si é verdade que tedes mais poder
que a humana xente, eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que están fora,
participen con nos de esta queimada.